O IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. En tempos de crise as cifras aumentan, como se viu durante a pandemia de COVID-19 e as recentes crises humanitarias, conflitos e catástrofes climáticas. Un novo informe de ONU Mulleres, baseado en datos de 13 países desde a pandemia, mostra que 2 de cada 3 mulleres sufriron algún tipo de violencia ou coñecían a unha muller que a sufriu. Desafortunadamente, só 1 de cada 10 dixo que acudiría á policía para pedir axuda. Á súa vez, concluíuse que estas mulleres teñen máis probabilidades de enfrontarse a situacións de pobreza e escaseza de alimentos. Aínda que a violencia de xénero está xeneralizada, pódese e debe previrse. No IES Cosme López Rodríguez organizamos actividades que traballan esta realidade para concienciar e sensibilizar á comunidade educativa. Despois de todo é a través da educación como podemos conseguir transformar esta situación e acabar coa violencia de xénero.

Saír