INFORMACIÓN ADMISIÓN FP
Comeza o prazo de inscición para os ciclos formativos de FP
O xoves 23 de xuño comeza o prazo de inscrición para ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario, en réxime para as persoas adultas, en cursos de especialización e na FP dual.
Achéganse documentos con instrucións de interese para os centros, que tamén estarán dispoñibles nas áreas de axuda de Ciclosadmisión:
- Información para centros admisión 2022-2023 (información xeral do proceso de admisión nos distintos réximes, modalidades e graos).
- Información para centros cursos de especialización 2022-2023 (instrucións xerais sobre os cursos de especialización).
- Cronograma admisión centros 2022-2023 (guía rápida de consulta de todos os fitos e prazos do proceso de admisión).
- Instrucións para solicitantes con titulacións obtidas fóra de España.
Ademais, achéganse as instrucións xerais sobre o proceso de admisión a réxime ordinario e réxime para as persoas adultas, FP dual e cursos de especialización, que son públicas e están dispoñibles no portal de FP. É necesario sinalar que a tramitación de solicitudes de FP dual e de cursos de especialización só poderá facerse nos centros con oferta destas ensinanzas.
A dirección do centro deberá verificar a oferta de ciclos, módulos e prazas tanto na aplicación Ciclosadmisión como na páxina web de FP (http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp). Esta oferta xa está dispoñible en Ciclosadmisión, exceptuando FP dual.
De atopar algún erro, rogamos o comuniquen á maior brevidade posible a este enderezo: admision.ciclos@edu.xunta.gal
Novidade: Este ano non haberá período extraordinario de presentación de solicitudes en ningún réxime nin modalidade.
Pódense consultar todos os documentos informativos sobre o proceso de admisión a ciclos formativos e cursos de especialización en
http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral
Esta é unha ligazón para axuda de solicitudes.
[ pechar ]