INFORMACIÓN FAMILIAS

USO DAS MÁSCARAS BAIXO A NOVA NORMATIVA (RD 286/2022)

Aínda que non é obrigatorio o uso da máscara nos espazos interiores do centro educativo, para garantir unha interacción segura e responsable do alumnado entre sí e do profesorado co alumnado, o Claustro do IES Cosme López Rodríguez reunido en sesión extraordinaria o día 20 de abril de 2022 recomenda que por prudencia se manteña o uso da máscara no interior do centro en base ás seguintes consideracións:
- Inadecuado e insuficiente sistema de ventilación interior.
- Imposibilidade de garantir a distancia de seguridade interpersoal nas aulas e noutros espazos do centro, nos que interactúa un elevado número de persoas nun tempo prolongado a unha distancia inferior a 1,5 metros.
- Existencia na comunidade educativa de persoas vulnerables: alumnado, profesorado e familias.
- Elevada incidencia de casos positivos. A día de hoxe destacar a incidencia entre os maiores de 60 anos en Galicia que é de 1049, máis do dobre que a española (506).
- Por analoxía do establecido no Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19: “... se recomienda un uso responsable de la mascarilla en los espacios cerrados de uso público en los que las personas transitan o permanecen un tiempo prolongado”.
Ligazón ó documento da Dirección Xeral de Saúde Pública: DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

[ pechar ]