INFORMACIÓN FAMILIAS

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Ante a publicación no DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.
O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

[ pechar ]