CONSELLO ESCOLAR: CONVOCATORIA

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (GOG do 29 de setembro), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

  1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais ou nais, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar.
  2. Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día tres de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 14 de novembro.
  3. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se publica na páxina web do centro e que tamén figura en papel na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas desde o día 4 de novembro ata as 14:00 horas do día 14 de novembro na secretaría do centro.
  4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 15 de novembro, ás 10:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.
  5. Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA .
  6. As votacións realizaranse neste IES o día 23 de novembro, de 15:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 15:20 horas.
  7. Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo dun nome das candidaturas presentadas, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.
  8. Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.
  9. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
  10. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

O día 16 enviarase circular lembrando o día das votacións e as persoas proclamadas candidatas dos representantes de nais e pais no consello escolar. É IMPORTANTE A PARTICIPACIÓN O DÍA DAS VOTACIÓNS.

Para comprobar que Vd. está no censo de Pais/Nais/Titores legais, faga Click na seguinte ligazón:
Censo de responsables: comprobación

CIRCULAR INFORMATIVA

A Rúa, 3 de novembro de 2021
A Presidenta da Xunta Electoral

Mª Rosario Alonso Casas

[ pechar ]