INICIO DO CURSO

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas nais, pais e titores legais: O día 15 de setembro comezará o curso escolar 2021-2022. O horario será o de sempre, de 08:30 a 14:10 horas e o transporte escolar recollerá ao alumnado transportado nas paradas asignadas.

O alumnado entrará no centro, a medida que sexa chamado, por cursos e grupos. A organización de entradas, estancia nas aulas e saídas para ese día será a seguinte:

1º ESO

08:30 horas: recepción de todo o alumnado no comedor co equipo directivo (directora, vicedirectora, xefa de estudos e secretario), o departamento de orientación ao completo (orientadora, mestra de psicoloxía terapeútica e mestra de audición e linguaxe), e os titores de 1º ESO A e de 1º ESO B. Acto de benvida e presentación.

Posteriormente:

1º ESO-A subirá á súa aula co titor quen lle explicará detalladamente as normas de organización e funcionamento do centro e fará especial fincapé nas normas de protección, seguridade e hixiene. Entrega de horarios e explicación de como deben entrar, saír ao recreo, ir aos aseos, á biblioteca, á cafetería., etc. Entrega de ordenadores do programa Edixgal.

1º ESO-B fará un percorrido polo centro co titor para ver todas as instalacións e explicaralle as normas de uso durante este curso (zona de patio que teñen asignada para os recreos, portas de entrada e saída, sentido da circulación dentro do centro, aseos que teñen asignados, etc.

Cando o titor de 1º ESO-A remate de explicar as novas normas, fará o mesmo percorrido que xa fixo o alumnado de 1º ESO B. E o alumnado de 1º ESO-B, ao acabar o percorrido polo centro irá á aula ordinaria co titor.

10:10-10 horas: recreo. O alumnado sairá da aula como está establecido no plan de adaptación e irá aos patios que ten asignados (se necesita ir aos aseos irá aos aseos que ten asignados), pode pasar pola cafetería se quere comprar bocadillo, auga (de non traelos da casa).

10:30-12:10: Formación no uso da aula virtual, correo electrónico (crear unha conta se non teñen aínda, e anotar a que teñan) e videoconferencia (funcionamento das salas).

Enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas.

12:10-12:30: recreo

12:30-14:10: clase coa profesora/or da materia que teña no horario (presentación da programación facendo especial fincapé na metodoloxía e criterios e instrumentos de avaliación e cualificación).

Saída: Sairán polas portas que teñan asignadas. O titor acompañará ao alumnado transportado á parada de buses.

2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º FPB e 2º FPB

8:30-10:10 horas: recepción coa persoa titora quen lle explicará detalladamente as normas de organización e funcionamento do centro e fará especial fincapé nas normas de protección, seguridade e hixiene. Entrega de horarios e explicación de como deben entrar, saír ao recreo, ir aos aseos, á biblioteca, á cafetería., etc. Entrega de ordenadores ao alumnado de ESO do programa Edixgal e formación no seu funcionamento.

Enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas.

10:30-12:10 e 12:30-14:10: clase coa profesora/or da materia que teña no horario (presentación da programación facendo especial fincapé na metodoloxía e criterios e instrumentos de avaliación e cualificación).

Alumnado de 1º de bacharelato, 2º de bacharelato e 1º e 2º do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:

12:30-13:20: Recepción pola persoa titora quen recordará o protocolo Covid e zonas de entrada, saída e recreos asignada, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas.

13:20-14:10: clase da materia asignada no horario.

O horario do centro durante este curso será o de sempre: de luns a venres de 08:30 horas a 14:10 horas e as tardes dos luns de 15:45 a 17:25 horas. Para o alumnado de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes o horario das tardes será: os luns de 15:45 a 18:15 horas e os mércores de 15:45 a 18:15 horas.

PLANS DO CENTRO RELACIONADOS COA SITUACIÓN COVID-19

Na páxina web do centro estarán dispoñibles, ao longo do mes de setembro, para consulta da comunidade educativa, os seguintes documentos:

Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2021-2022 no centro, no que se detallan:

3. REUNIÓNS COAS TITORAS E TITORES NO MES DE SETEMBRO

Durante a segunda quincena de setembro as titoras e titores de todos os cursos terán unha reunión presencial, de modo excepcional (xa que as titorías e reunións co profesorado non serán presenciais), coas nais e pais do alumnado.

Estas reunións terán lugar nas aulas do alumnado correspondente baixo as seguintes normas de seguridade:

Recoméndase traer bolígrafo por se fose necesario cubrir algún impreso.

As datas e horas para cada curso e nivel educativo quedan reflectidas na seguinte táboa:
 CURSO GRUPO  DÍA  HORA  LUGAR 
 1º ESO A  20 SETEMBRO  17:30 AULA A-216
 1º ESO B  20 SETEMBRO  17:45 AULA A-212
 2º ESO A  21 SETEMBRO  16:00 AULA A-203
 2º ESO B   21 SETEMBRO  16:15 AULA A- 207
 3º ESO A   22 SETEMBRO  16:00 AULA A-112
 3ºESO B   22 SETEMBRO  16:15 AULA A-213
 4º ESO A   23 SETEMBRO  16:00 AULA 004
 1º BACHARELATO A   27 SETEMBRO  16:00 AULA IDIOMAS
 1º BACHARELATO B   27 SETEMBRO  16:15 AULA A-210-211
 2º BACHARELATO A    28 SETEMBRO  16:00 AULA A-208
 1º FPB A 27 SETEMBRO  16:00 AULA A-110
 2º FPB A  27 SETEMBRO  16:15 AULA A-115
 1º CM A  28 SETEMBRO  16:15 AULA 007
 2º CM A  28 SETEMBRO  16:30 AULA A-104

A páxina web do centro: www.iescosmelopez.org será o principal portal de información e comunicación a nivel xeral. No portal haberá un espazo específico Covid. Toda a información ás familias será comunicada a través desta canle.

Para a comunicación coas familias priorizarase o uso da aplicación abalarmóbil, polo que se considera fundamental que todas as familias descarguen dita aplicación. Para as familias que non poidan ter a aplicación empregarase unha vía alternativa, que será o correo electrónico ou, en último lugar, o contacto telefónico).

Podes ver o documento en .pdf clicando aquí

A directora

Mª Rosario Alonso Casas

[ pechar ]