IMPORTANTE!

INSTRUCIÓNS PARA O FIN DE CURSO E MATRÍCULA 2021/22

Debido ás circunstancias excepcionais que estamos vivindo, este curso tampouco se entregarán presencialmente no centro, por parte das titoras/es, as “notas” finais do alumnado. Publicación das cualificacións finais de xuño do alumnado ás familias: As familias que teñan instalada a app de comunicación abalarMobil recibirán as cualificacións dos seus fillos e fillas a través da mesma entre os días 23 e 24 de xuño de 2020.
As familias que non dispoñen de dita app recibirán as cualificacións a través dun correo electrónico que lles enviará o titor ou titora o día 24 de xuño de 2020.

  1. Procedemento de reclamación ás cualificacións: (Revisión no centro e reclamación ante a Xefatura Territorial)

  2. Prazo de reclamación ás cualificacións: días 25 e 28 de xuño.
    Procedemento:
    Revisión no centro:
    O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, no caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
    O procedemento de revisión no centro será o establecido no artigo 4 da citada Orde do 2 de marzo de 2021.
    Reclamacións ante a Xefatura Territorial:
    O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, no caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final de curso obtida nunha área, materia ou ámbito ou coa decisión sobre a promoción ou titulación adoptada polo equipo docente, poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    O procedemento de reclamación ante as xefaturas territoriais será o establecido no artigo 5 da citada Orde do 2 de marzo de 2021
    Canle:
  3. DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO
    Datas de devolución:
    • As familias do alumnado beneficiario do programa fondo solidario de libros de texto seguirán o seguinte procedemento para a devolución dos libros prestados a través deste programa: Entre o día 17 e o día 22 de xuño o alumnado fará a devolución dos libros das materias que teña aprobadas. O alumnado que teña que facer exames os días 18, 21 e 22 fará a devolución dos libros escalonadamente, por cursos, unha vez recibidas as cualificacións finais. As datas de devolución por cursos será as seguintes:
      • 1º ESO: 25 de xuño de 2021
      • 2ºESO: 28 de xuño de 2021
      • 3º ESO: 29 de xuño de 2021
      • 4º ESO: 30 de xuño de 2021
    • Procedemento:
      • Só se fará devolución dos libros das materias que o alumnado teña aprobadas en xuño. Se o alumnado ten que recuperar algunha materia en setembro e ten asignados libros do fonsdo solidario para esa materia, a devolución farase o día no que faga os exame en setembro.
      • Requisitos para entrar no centro: a persoa que entregue os libros deberá entrar soa, sen acompañantes. Non pode haber máis de catro persoas á vez e deberán traer máscara que tape nariz e boca e manter unha distancia de seguridade interpersoal de dous metros.
      • Por recomendación sanitaria de prevención de riscos, en caso de ser necesario facer algún trámite que requira o uso de bolígrafo o usuario utilizará o seu propio bolígrafo.
      • Unha vez dentro do centro o persoal de conserxería indicará o lugar onde deixar os libros.
      • IMPORTANTE: Os libros non deben vir metidos nunha bolsa. Deixaranse co canto do libro cara fóra, á vista. O libro que quede na parte superior deberá ter pegado na súa portada un folio cos seguintes datos: nome e apelidos do alumnado, curso e grupo, relación dos libros que se entregan (prégase que traigan pegado o folio da casa).
  4. MATRÍCULA ORDINARIA: 1 AO 10 DE XULLO DE 2021
    DATAS DE RECOLLIDA NO CENTRO DO SOBRE DE MATRÍCULA: (só deberán recoller o sobre de matrícula as alumnas e alumnos que teñan aprobadas todas as materias en xuño, o alumnado que teña que examinarse en setembro non debe coller o sobre)

DATAS DE ENTREGA DO SOBRE DE MATRÍCULA

As datas de entrega do sobre de matrícula cos impresos debidamente cubertos e demais documentación son:

Documentación que hai que presentar. (Contido do sobre de matrícula)

O impreso de matrícula e demais documentación necesaria para formalizar a matrícula estarán metidos nun sobre, organizados por cursos en distintas mesas que estarán na entrada do centro. O sobre de matrícula contén a relación de documentación e impresos necesarios para formalizar a matrícula:

[ pechar ]