Parabéns Hugo!!

Accésit no XI Concurso Europeo de Marcapáxinas

O alumno do 2º curso de FP Básica de Informática de Oficina, Hugo Álvarez González ven de acadar un Accésit no XI Concurso Europeo de Marcapáxinas, enmarcado no proxecto eTwinning Letras Galegas 2021 impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo.
O proxecto eTwinning Letras Galegas organízase dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela e nel participaron diferentes escolas europeas de España e Portugal.
Entre as actividades colaborativas realizadas polos diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura galegas prestando unha homenaxe á figura de Xela Arias, autora conmemorada nas Letras Galegas 2021.
Parabéns Hugo!!

[ pechar ]