INSTRUCCIÓNS DE INICIO DE CURSO

Carta para as familias

Estimadas nais, pais e titores legais:

1. INICIO DE CURSO

O día 8 de setembro comezará o curso escolar 2022-2023. O horario será o de sempre, de 08:30 a 14:10 horas e o transporte escolar recollerá ao alumnado transportado nas paradas asignadas.


O alumnado entrará no centro, a medida que sexa chamado, por cursos e grupos. A organización de entradas, estancia nas aulas e saídas para ese día será a seguinte:

1º ESO

08:30 horas: recepción de todo o alumnado no comedor co equipo directivo (directora, vicedirectora, xefa de estudos e secretaria), o departamento de orientación ao completo (orientadora, mestra de psicoloxía terapeútica e mestra de audición e linguaxe), e as `persoas titoras de 1º ESO A e de 1º ESO B. Acto de benvida e presentación.

Posteriormente:

1º ESO A subirá á súa aula co titor quen lle explicará detalladamente as normas de organización e funcionamento do centro e fará especial fincapé nas normas de protección, seguridade e hixiene. Entrega de horarios e explicación de como deben entrar, saír ao recreo, ir aos aseos, á biblioteca, á cafetería., etc. Entrega de ordenadores do programa Edixgal.

1º ESO B fará un percorrido polo centro co titor para ver todas as instalacións e explicaralle as normas de uso durante este curso. ( aseos que teñen asignados, etc.

Cando o titor de 1º ESO A remate de explicar as novas normas, fará o mesmo percorrido que xa fixo o alumnado de 1º ESO B. E o alumnado de 1º ESO B, ao acabar o percorrido polo centro irá á aula ordinaria co titor.

10:10 horas: recreo. O alumnado sairá da aula como está establecido no plan de adaptación e irá ao patio, se necesita ir aos aseos irá aos aseos que ten asignados, pode pasar pola cafetaría se quere comprar bocadillo, auga (de non traelos da casa).

10:30-12:10: Formación no uso da aula virtual, correo electrónico (crear unha conta se non teñen aínda, e anotar a que teñan) e videoconferencia (funcionamento das salas).

Enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas.

12:10-12:30: recreo.

12:30-14:10: clase coa profesora/or da materia que teña no horario (presentación da programación facendo especial fincapé na metodoloxía e criterios e instrumentos de avaliación e cualificación).

Saída: Sairán polas portas que teñan asignadas.

2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º FPB e 2º FPB

8:30-10:10 horas: recepción coa persoa titora quen lle explicará detalladamente as normas de organización e funcionamento do centro e fará especial fincapé nas normas de protección, seguridade e hixiene. Entrega de horarios e explicación de como deben entrar, saír ao recreo, ir aos aseos, á biblioteca, á cafetaría., etc.

Enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas. 10:30-12:10 e 12:30-14:10: clase coa profesora/or da materia que teña no horario (presentación da programación facendo especial fincapé na metodoloxía e criterios e instrumentos de avaliación e cualificación).

Alumnado de 1º de bacharelato, 2º de bacharelato e 1º e 2º do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:

13:20-14:10 horas: Recepción pola persoa titora quen recordará as normas de organización e funcionamento, zonas de entrada, saída, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas.

O horario do centro durante este curso será o de sempre: de luns a venres de 08:30 horas a 14:10 horas e as tardes dos luns de 15:45 a 17:25 horas.

Para o alumnado de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes o horario das tardes será: os luns de 15:45 a 18:15 horas e os mércores de 15:45 a 18:15 horas.

2. REUNIÓNS COAS TITORAS E TITORES NO MES DE SETEMBRO

Durante a segunda quincena de setembro as titoras e titores de todos os cursos terán unha reunión presencial coas nais e pais do alumnado.

Estas reunións terán lugar nas aulas do alumnado correspondente baixo as seguintes normas de seguridade:

- Un único asistente por alumno/a.

- Hixiene de mans antes e despois da reunión.

- Ventilación do espazo mentres dure a reunión


A páxina web do centro: (iescosmelopez.org) será o principal portal de información e comunicación a nivel xeral. Toda a información ás familias será comunicada a través desta canle.

Para a comunicación coas familias priorizarase o uso da aplicación abalarmóbil, polo que se considera fundamental que todas as familias descarguen dita aplicación. (Para as familias que non poidan ter a aplicación empregarase unha vía alternativa, que será o correo electrónico ou, en último lugar, o contacto telefónico).

A Rúa, 02 de setembro de 2022

A directora

M.ª Rosario Alonso Casas
Enlace a otra página

[ pechar ]