EXTRACTO DO APARTADO DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN, TITULACIÓN ESTABLECIDO NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO NO PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

1. AVALIACIÓN

a) ENSINANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA

Criterios para a concesión da mención de matrícula de honra cando hai máis alumnado cunha nota media en cuarto curso igual ou superior a nove puntos que o número máximo de mencións de matrícula de honra que se poden poñer segundo se establece na normativa:

b) BACHARELATO

Criterios para a concesión da mención de matrícula de honra cando hai máis alumnado cunha nota media en segundo de bacharelato igual ou superior a nove puntos que o número máximo de mencións de matrícula de honra que se poden poñer segundo se establece na normativa:

c) CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Criterios para a concesión da mención de matrícula de honra cando hai máis alumnado cunha nota media en segundo curso curso igual ou superior a nove puntos que o número máximo de mencións de matrícula de honra que se poden poñer segundo se establece na normativa:

2. PROMOCIÓN

2.1 EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

  1. Ao finalizar cada un dos cursos da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa promoción. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á consecución dos obxectivos, ao grao de adquisición das competencias establecidas e á valoración das medidas que favorezan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os criterios de promoción.
  2. Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores.
  3. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:
    • Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
    • Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.
    • Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.
    • Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.
      Neste suposto tan excepcional de promoción o equipo docente aplicará criterios rigorosos e consensuados previamente adoptados na Comisión de Coordinación Pedagóxica, tales como:
      • carácter instrumental e/ ou de continuidade (materias progresivas);
      • indicadores de logro dos estándares de aprendizaxe que se reflicten na cualificación da materia;
      • condicións persoais do alumnado relacionadas coa súa evolución no proceso de ensino aprendizaxe.
      Desta análise o equipo docente determinará se as materias non superadas permiten seguir con éxito o curso seguinte, ten expectativas favorables de recuperación e a promoción beneficie, como establece a normativa, a súa evolución académica.
  4. No cómputo das materias para efectos de promoción, consideraranse tanto as materias non superadas do propio curso como as materias non superadas de cursos anteriores.
  5. O alumnado que promocione de curso sen superar todas as materias deberá matricularse das materias non superadas e deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa superación.

    Desenvolvemento do programa de reforzo educativo:

    O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios.

    O plan de reforzo incluirá, cando menos:

    • Identificación da alumna ou do alumno.
    • Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.
    • Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.
    • Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
    • Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
    • Tarefas para realizar, coa debida temporización.
    • Seguimento e avaliación.
    • Acreditación da información á familia.

    Será a persoa que exerza a xefatura de departamento quen coordine todo o proceso e a que asista ás sesións de avaliación ordinarias e extraordinarias e asine as actas das materias pendentes de cursos anteriores..

    Os departamentos deberán detallar nas súas programacións didácticas o plan concreto de actividades de recuperación. Entregarase na xefatura de estudos unha copia do procedemento a seguir nas recuperacións das materias non superadas co fin de organizar a atención ao alumnado.

    En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación.

  6. Plan específico personalizado para o alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso A repetición de curso irá acompañada dun plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas. Este plan elaborarao o equipo docente, baixo a coordinación do profesorado titor, e desenvolverase ao longo de todo o curso. O plan específico personalizado debe incluír, cando menos:
    • Identificación da alumna ou do alumno.
    • Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.
    • Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.
    • Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
    • Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.
    • De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.
    • Acreditación da información á familia.
    En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.

2.2 BACHARELATO

  1. Ao finalizar o primeiro curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente de cada alumna ou alumno adoptará a decisión sobre a súa promoción ao segundo curso. As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, a estes efectos só se computarán as materias que como mínimo a alumna ou o alumno deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que as alumnas e os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.
  2. O alumnado que acade a promoción ao segundo curso con materias pendentes deberá matricularse delas e cursalas ao longo do curso. Nas programacións didácticas de cada materia estableceranse as actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes tendo en conta que a avaliación destas materias terá que ser anterior á das materias de segundo curso.
  3. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade.
  4. A superación das materias de segundo curso que se indican no anexo VI do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas no devandito anexo, por implicar continuidade. Non obstante, o alumnado poderá matricularse de materias troncais de opción ou específicas de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo, este aspecto deberá ser recollido nas programacións didácticas. En caso contrario, deberá cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que acadou a promoción a segundo.
  5. As alumnas e os alumnos que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou poderán optar, así mesmo, por repetir o curso completo. Neste último caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno tivera superado previamente.

2.3 CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

O alumnado promocionará ao segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas. En todo caso, cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos profesionais non superados, para o cal deberán formalizar a matrícula no mesmo curso e se incorporarán ao grupo de alumnado correspondente.

3. TITULACIÓN

3.1 EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

  1. Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias establecidas e á consecución dos obxectivos da etapa, sen prexuízo de que os referentes da avaliación no caso do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao seguinte curso ou a obtención do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria, e tendo en conta os criterios de titulación.
  2. Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:
    • Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
    • Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.
    • Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.
  3. O título de graduado en educación secundaria obrigatoria será único e expedirase sen cualificación.
  4. As alumnas e os alumnos recibirán, ao concluíren a súa escolarización na educación secundaria obrigatoria, unha certificación oficial en que constará o número de anos cursados e o nivel de adquisición das competencias da etapa.
  5. O alumnado que, logo de finalizado o proceso de avaliación do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, non obteña o título e supere os límites de idade establecidos no artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta así mesmo a prolongación excepcional da permanencia na etapa que prevé a propia lei no artigo 28.5, poderao facer nos dous cursos seguintes a través da realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias das materias que non superase, de acordo co currículo establecido e coa organización e instrucións que dispoña a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
  6. Obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria desde a formación profesional básica:
    A superación da totalidade dos módulos incluídos nun ciclo de formación profesional básica conducirá á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

3.2 BACHARELATO

  1. O título de bacharel acredita o logro dos obxectivos establecidos para a etapa e a adquisición das competencias correspondentes.
  2. Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.
    Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:
    • Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.
    • Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia. Considérase que una alumna ou un alumno tivo unha inasistencia continuada aplicando o seguinte criterio de cómputo de faltas de asistencia segundo a carga horaria de cada materia:
      • Materias de unha ou dúas sesións semanais: cinco faltas de asistencia sen xustificar no curso
      • Materias de tres e catro sesións semanais: dez faltas de asistencia sen xustificar no curso.
      Para determinar que faltas son xustificables ou non estarase ao disposto nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro (NOF).
    • Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
    • Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.
  3. O título de bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada e da nota media obtida, que se obterá calculando a media aritmética das cualificacións de todas as materias cursadas, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.
  4. Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modalidade ou de materia en segundo curso, só se terán en conta as cualificacións das materias cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata.
  5. Ademais, o alumnado que teña o título de técnica ou técnico en formación profesional poderá obter o título de bacharel pola superación das seguintes materias: Filosofía, Historia de España, Lingua Castelá e Literatura I e II, Lingua Galega e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) I e II.
    Ademais cumprirá que este alumnado teña superadas as seguintes materias, en función da modalidade do título que desexe obter:
    • Modalidade de Ciencias: Matemáticas I e II.
    • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
      • Para o itinerario de Humanidades, Latín I e II.
      • Para o itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

3.3 CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Título de formación profesional básica de Informática de Oficina:

Título de técnico de formación profesional de grao medio