DOCUMENTACIÓN:
- Anexo I e Anexo II
- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
- No caso de discapacidade do alumno ou de algún dos membros da unidade familiar deberá acreditalo mediante fotocopia do certificado de minusvalidez recoñedida a 31 de decembro de 2020 non será necesario se foi emitido pola Xunta de Galicia.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Cálculo da renda per cápita: (Terase en conta a situación persoal e famililar e o exercicio fiscal correspondentes ao 2020)
- Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables
- Para os efectos do cálculo das renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que demostren a percepción dunha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez.
- Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2020, para calcular a renda familiar sumarán os recadros da declaración da renda 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non a presentase , sumaranse os ingresos netos obtidos no ano 2020.
Determinación da unidade familiar:
- Os pais non separados legalmente.
- Os fillos menores de idade non emancipados.
- Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente.
- Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.
- A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.
- A persoa que, por novo matrimonio ou convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás no caso de custodia compartida.
- Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, nai e todos os descendentes que convivan con eles.
Non terá a consideración de membro computable:
- A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compatida.
- O agresor nos casos de violencia de xénero
Nos casos que non exista libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro de 2020 poderán acreditar o número de membros con : Certificado de convivencia, sentenza xudicial de separación ou divorcio, informe dos servizos sociais.
Os impresos de solicitude Anexo I están dispoñibles:
<<< Volver