CIRCULAR INFORMATIVA

(Elección dos representantes de pais, nais, titores legais do alumnado ao Consello Escolar)

De acordo coa Convocatoria do día tres do mes en curso, o próximo día 23, en horario de 15:30 a 17:30 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

  1. Quen pode votar.

    Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

  2. Modo de emitir o voto.

    • a) O voto será directo, secreto e non delegado.
    • b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
    • c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo de un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar. As candidatas a representantes de nais e pais no consello escolar son:
      • Paula Fernández Rodríguez
      • Carina Rodríguez Rodríguez
    • d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo día 23 de novembro, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

A Rúa, 16 de novembro de 2021

A directora e presidenta da xunta electoral
Mª del Rosario Alonso Casas