TRANSPORTE ESCOLAR

ALUMNADO DE BACHARELATO E F. PROFESIONAL

Durante este curso, para o alumnado de Bacharelato e Ciclo Medio de F. Profesional o transporte NON será gratuíto pero, poderá facer uso do servizo de transporte en condicións análogas ao resto, sen que se modifiquen as rutas nin se cren novas paradas; para que o acceso ao servizo integrado non teña custo económico para estes usuarios, poderán facer uso da tarxeta de transporte "Xente Nova", coa que os importes inicialmente aboados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web: www.bus.gal

[ pechar ]