25 de novembro de 2019


Manifestamonos...

porque unha de cada tres mulleres sofre ou ten sufrido violencia física ou sexual, principalmente por parte do seu compañeiro sentimental...

porque só o 52% das mulleres casadas que viven en parella decide libremente sobre as súas relacións sexuais, o uso de anticonceptivos e a súa saúde...

porque case 750 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día se casaron ou foron casadas antes de cumprir os 18 anos e 200 millóns vironse sometidas a mutilación xenital feminina...

porque unha de cada dúas mulleres asasinadas no 2017 o foron polo seu compañeiro sentimental ou membro da súa propia familia...

porque a violencia contra a muller é unha causa de morte e incapacidade entre as mulleres en idade reproductiva tan grave como o cancro e unha causa de mala saúde maior que os accidentes de tráfico e a malaria xuntas.

porque...