NINGUÉN DEIXA O FOGAR
SE O FOGAR NON O BOTA

O MEU FOGAR

Beleza no meu lugar
de orixe, era precioso
Por que te fuches?
Quería deixar de ver chorar
a miña familia
Quería darlles un motivo
para sorrir e ser feliz
Un futuro tan belo…
como o noso lugar
de orixe
Era tan belo?
Era,
pero converteuse
nun inferno.

Unha chama que non
deixaba de medrar
Por que choras?
De ledicia
logrei chegar
De tristeza
O meu lugar
de orixe xa
non é fermoso
De dor
Sangue nas miñas
roupas tras chegar aquí.

María Belén Soria Aruquipa
4º ESO

OUTRA OCUPACIÓN

Galiza, o meu fogar
anos e anos esforzándome
para ó final ter que marchar
do meu lar.
Conto con ter que buscar
traballo noutro lugar
anque a morriña
farame regresar.
Somos marionetas,
emigración e inmigración…
non nos queda
outra opción…

Patricia Nogueira Morgado
4º ESO

RESISTIR

Aquí non te podes quedar
Outra terra na que vivir
Tes que marchar
Tes que resistir

Outro sitio no que traballar
para intentar sobrevivir.
Un novo fogar
tes que conseguir.

Sei que este lugar estrañarás
todos o botaremos de menos.
Era o sitio onde adoitabamos soñar
desde que eramos moi nenos.

Soportar prexuízos é o mal,
é o que hoxe nos fará marchar,
pero, miña vida, volverei
onde tantos momentos felices eu pasei.

Alexia Fernández Pérez e Paula Moreira Rodríguez
4º ESO

VOLVER

Chegando a un mundo novo,
deixando o outro atrás.

Buscando un emprego,
pois necesito traballar.

Pensando na miña familia,
rompo a chorar.

Quero volver,
mais non podo regresar.

Lembrando os meus amigos, que felicidade!
Espero volver a casa para facelo de novo realidade.

Matín Jiménez Diéguez
4º ESO

FUXIRON

Bos Aires, Arxentina.
Os galegos alí
fixeron de América
unha nova forma de vida.

Galegos emigrantes
atoparon unha cultura pouco semellante
Marcharon por obriga
en busca dunha boa vida.

Fuxiron da fame,
tamén da pobreza,
fuxiron da Galiza
en busca de riqueza.

Fuxiron por medo,
ían agochados.
Marcharon moi cedo
a nobreza tíñaos aterrados.

De Galiza expulsados
porque semellamos estar atrasados.
Non é certo, non.
Deixáronnos baleiros…

Luís López, Inés Martínez, Robereto Porto, Joaquín Prieto, Joel Romero
1º de Bacharelato

OH, EMIGRACIÓN

Oh, emigración!
Que me botan da miña nación.
Teño pena
no meu gran corazón.
Isto ocorre
xeración a xeración.
Oh, emigración!
Todos marchan coa súa canción.
Só queda unha nena na súa habitación
nesta Galicia que queda sen poboación.
Ai, Galicia,
que che ocorre?
Baleira de xente,
chea de dor.
Ceos grises, vougos de luz
prados verdes, cargados de cor.
Ai, Galicia,
que che ocorre?
Negra e apagada
coma unha mesta flor.
Tarde ou cedo volverán
para ollar o teu solpor.

Eros Álvarez, Cristina Calvo, Antía González, Claudia Fernández.
1º de Bacharelato

TERRA DE EMIGRANTES

Terra de emigrantes
e de grandes fames.
Terra de pobreza
e de moita escaseza.

Tivemos que marchar
para atopar outras saídas,
tristes,
a duras penas.

Terra de emigrantes
nunha situación de desastre.

Unha época marcou a terra,
unha época marcou o pobo,
para sempre…

Deixaron a familia sen saber que ía pasar,
ficaron sós ao outro lado do mar.

Pasou esa mala etapa.
Pasou?

Seguimos emigrando.
Que será o que está pasando
que Galiza anda chornado?

Miriam Carballo, Lorena Estévez, Laura Fernández, Marta Sanz.
1º de Bacharelato

NON CHEGABA

A súa rexión enfermou de pena
sen menciña dourada que tomar.
Esa amada terra que os condena
a non poder chamala "meu fogar".

Foxen do aire que lexisla e envelena.
Buscan outro de lingua similar.
Entran neste que os observa e almacena
como gando que vén sen domar.

Non chegaba con seren pobres e orfos,
Non chegaba con velos emigrar.
Tamén lles din feos, sucios e amorfos.
Tamén escoitan "Ide a outro lugar!".

Nos xornais aparecen en escena
cando, asustados, veñen de ultramar.
Noticias coa mesma cantilena

que vacuas falan doutro centenar.

Son persoas que amosan a melena
e que teñen alento pulmonar.
Disque levaban unha vida plena,
que deixaron xunto a outro familiar.

Non chegaba con botalos do niño.
Non chegaba con saír a voar.
Tamén deben estrañar no camiño
a quen non puido cruzar o limiar.

Sechu Cerezuela
Profesor do IES Cosme López Rodríguez