RECURSOS PARA AUTOORIENTARSE VOCACIONALMENTE

NULL

Agora que estamos na casa temos que buscar alternativas cando queremos atopar información sobre o que facer o próximo ano. Sen un profesional que te acompañe no proceso de elección de estudos, seguramente buscaredes en internet respostas e axuda. A tarefa de autoorientarse a través de buscas en internet é unha boa idea, pero non é fácil para nós, xa que a cantidade de recursos que atopamos na rede é infinita. Por este motivo, corremos o risco de intoxicarnos con excesiva información e facer uso de páxinas e sitios web con pouca información rigorosa, especialmente se non somos críticos á hora de seleccionalos. A orientadora Mónica Diz xunto con outros profesionais elaborou unha recopilación de páxinas web que vos poden resultar moi útiles. Se aínda así precisades algunha información que non atopedes, poñédevos en contacto có Departamento de orientación do IES Cosme a través do enderezo electrónico e tentarei resolvelas na maior brevidade. Saúdos e boa búsqueda!

Saír