VENRES DE LETRAS

Visita da escritora Antía Yáñez

Hoxe veunos a visitar, como parte das actividades da biblioteca do IES Cosme, a escritora Antía Yañez, para establecer un diáologo sobre os seus libros, entre os que está "SENLLEIRAS". Un libro PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 que fala de mulleres que rachan co silencio. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

Saír