Exposición “Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero”

Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”

Dentro do obxectivo deste Plan proxecta que estamos a desenvolver no IES Cosme López Rodríguez que persegue proporcionar ás mozas e mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, contamos dende o 29 de xaneiro ao 12 de febreiro coa exposición “Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero”. As obras que conforman dita exposición ilustran a interpretación persoal de cada un deles/as sobre situacións ou momentos violentos nas relacións entre parellas adolescentes como convite a reflexionar, pensando no respecto e liberdade das persoas que están ao noso lado.

Saír