IGUALARTE

FAGAMOS UNHA HISTORIA DIFERENTE

As alumnas de Coeducación para o século XXI presentaron este venres un corto dun percorrido por diferentes museos estudando cómo as mulleres foron representadas a maior parte das veces como seres pasivos, para ser contempladas polo seu aspecto físico, non polas súas capacidades ou logros. Percorren momentos destacados da historia da arte, comezando no periodo Grego, pasando pola Idade Media, o Renacemento, o Manierismo, o Barroco, o Romanticismo, o Impresionismo, o Cubismo, ou a arte Pop, para chegar a conclusión de que a representación feminina non cambiou demasiado ao longo dos séculos. Noraboa a todo o equipo polo traballo ben feito. Deixamos o enlace á páxina web que esperamos visitedes porque merece a pena.

Saír