STOP VIOLENCIA

25 DE NOVEMBRO. Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro, celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, querendo apoiar a todas as vítimas deste abuso físico, psicolóxico, social e económico; que pode ocorrer en calquera campo e circunstancia da nosa vida, o IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ condenou este tipo de actitudes que vulneran os dereitos de calquera persoa e impiden o progreso cara á igualdade e a convivencia, coas seguintes mostras de apoio: - Colocación dun lazo no primeiro andar có título “Stop Violencia”, cun número de mans negras pegadas nel que son as vítimas da violencia en España no 2019, ata o de agora 51. E en cor aquelas mostras que o alumnado do Centro considerou significativas sinalar, desexos, lemas, palabras en contra da violencia de xénero… - Colocación de carteis de grandes pensadores que ao longo da historia reflexaron coas súas palabras ó maltrato ás mulleres. - Elaboración na biblioteca dun atril cun libro contra a violencia. - Cómic na entrada que reflexa as diferentes formas de violencia contra a muller - Colocación na biblioteca dun atril cun libro con frases contra a violencia de xénero. - No recreo: • O alumnado de 4º ESO elaborou diversos textos en repulsa da violencia de xénero e apoio ás vítimas. • Unha alumna de 4º de ESO interpretou “el canto de los pájaros” de Pau Casal en versión violín. • Gardamos un minuto de silencio en apoio ás vítimas da violencia. - O alumnado de 1º da ESO tivo un obradoiro organizado polo Concello sobre “Fomento de relacións igualitarias e de bo trato” - O alumnado de 3º da ESO baixou ao Concello a colocar nunha árbore elaborada pola Cruz Vermella, tarxetas de desexos para que desapareza a violencia contra as mulleres. Todos e todas debemos plantar cara a violencia machista que empobrece a nosa sociedade. O abuso é un problema social que se loita con CERO TOLERANCIA contra calquera comportamento machista.

Saír