DÍA DA PAZ

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño". Mahatma Ghandi

A educación na tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto polos dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. Neste día, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar. Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e os demais. Dende o IES Cosme López Rodríguez queremos conmemorar este día a través de distintas actividades que conciencien ao noso alumnado da necesidade dunha convivencia pacífica entre os pobos.

Saír