DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Valdeorras en negro, en cor

A violencia de xénero segue sendo un das principais lacras da nosa sociedade. A violencia de xénero é un problema que persiste globalmente: a OMS estima que unha de cada tres mulleres do mundo sufriu violencia física ou sexual. É preciso ser consciente de toda esta situación que nos rodea. Por iso, todos os días 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un día para reflexionar. O alumnado do IES Cosme participou en varias actividades ao longo da mañá para expresar a súa repulsa contra a Violencia de Xénero.

Saír