Próxima CHARLA/OBRADOIRO para familias (14/03/2017)

14-03-2017

O Ioga é unha disciplina milenaria que ten demostrado numerosos beneficios a nivel mental, emocional e físico (capacidade memorística e de aprendizaxe, redución do estrés, incremento da sensación de felicidade...).

Unha instructora titulada amosaranos algunhas técnicas sinxelas de relaxación, respiración e algunhas ásanas (posturas) que axudarán tanto ao alumnado como ás súas familias a levar dun xeito máis positivo o día a día.

Esta vez invitámosvos a que pais, nais, etc. veñades cos/as vosos/as fillos/as, será unha experiencia preciosa.

Sería moi útil que vaiades avisando sobre se poderedes asistir e se tedes unha esterilla para que nós preparemos o espazo e material.

Traede roupa cómoda! 

Saír