Próxima charla/obradoiro para FAMILIAS."FALAR COS FILLOS DE SEXO E DROGAS"

20-02-2017

Hai un par de temas que preocupan especialmente aos pais e ás nais de adolescentes. Cómo lles falo de sexo e drogas? O equipo de educadoras da Cruz Vermella de O Barco de Valdeorras vannos axudar a afrontar esta situación tan necesaria que repercutirá con toda seguridade, na relación persoal cos/as nosos/as fillos/as e os/as axudarán a eles/as a afrontar estes temas dun xeito seguro e responsable.

Por suposto podedes asistir sen avisar, pero neste caso concreto SERÍA MOI ÚTIL TER UNHA IDEA APROXIMADA DOS QUE PODEDES ASISTIR PARA QUE AS POÑENTES PREPAREN AS DINÁMICAS. Podedes chamar ao Instituto (988 310 833) e preguntar por Berta ou simplemente deixar recado.

Moitísimas grazas,

Saír