ALCOL E DROGAS NA ADOLESCENCIA

Este mércores, 11 de xaneiro, de 16:30 a 17:20h, como parte das actividades da ESCOLA DE FAMILIAS do centro,

terá lugar no salón de actos do centro unha charla para familias sobre ALCOL E DROGAS NA ADOLESCENCIA.

Esta charla é complementaria á que recibirá o alumnado pola maña e forma parte do Plan Director.

Cada vez os/as rapaces/as entran en contacto con estas sustancias a idades máis temperás e de xeito incontrolado e preocupante. Dende a escola queremos colaborar coas familias para que o alumnado tome conciencia das consecuencias do abuso do alcol e outras drogas e sexa quen de tomar decisións reflexivas e responsables o respecto.

 

Agradecemos moito a vosa asistencia,

Por suposto, poderedes plantexar todas as vosas dúbidas aos poñentes.

Saír