Novas tecnoloxías (charla para familias)

O próximo martes, 4 de outubro de 2016, de 16:30 a 17:30h, no salón de actos do noso centro, un experto da Garda Civil dará unha charla informativa para familias sobre o uso responsable e perigos de internet e as redes sociais (facebook, whatsaap, instagram...).

Como sabedes, a convivencia positiva forma parte da filosofía do noso centro. En relación con isto, o "Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos" ofrécenos a oportunidade de organizar charlas moi interesantes para alumnado e familias.

A vosa asistencia é moi importante, porque facilita que as aprendizaxes que os/as vosos/as fillos/as fagan no centro, teñan continuidade e coherencia na casa.

Hoxe en día, os/as nosos/as fillos/as pasan moitas horas diante do ordenador e co teléfono móbil. O uso de internet non é algo malo, mais é preciso que as familias coñezan e acompañen para facer un bo uso destas ferramentas.

Vémonos o martes!!!!

....................................................................................................................

 

Moitas grazas a todas/os as/os asistentes pola vosa atención e interese.

Aquí vos deixo, para quen queira seguir aprendendo:

- Unha uía para familias: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/naisepais.html

- Unha guía para alumnado: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/alumnado.html

- Unha guía para profesorado: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/profesorado.html

Poden descargar ou verse on line. Espero que vos resulte útil.

Saír