ADOLESCENCIA POSITIVA: UNHA CUESTIÓN FAMILIAR

O próximo 15 de Febreiro, de 16:00 a 17:30, grazas á colaboración económica da ANPA do centro, visitaranos ASEIA, Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia

Será unha charla-obradoiro onde pais, nais, tíos, tías, avós, avoas...poderedes compartir as vosas inquedanzas sobre como manter unha relación afectiva positiva cos vosos/as fillos/as adolescentes

- Estratexias de comunicación.

- Establecemento e mantemento de vínculos.

- Manexo dos afectos.

- Establecemento de limites

-etc.

ASEIA non se adica a só a impartir charlas informativas, senón que traballan sobretodo sobre as inquedanzas que os asistentes poidan plantexar.

A sesión conta ademáis cunha parte práctica moi interesante.

ANIMÁDEVOS A VIR!!! PODEMOS APRENDER MOITO XUNTOS/AS!!!

..............................................................................

Moitas grazas ás/aos 32 asistentes pola vosa participación tan activa. O IES séntese moi orgulloso de contar con nais, pais, etc tan preocupados pola educación dos/as seus/súas fillos/as. Xuntos podemos conseguir grandes obxectivos!

 

As expertas recomendaron, para seguir traballando:

http://www.solohijos.com/

http://www.cyberpadres.com/

http://www.orientared.com/ (aquí tendes un apartado de "escola de pais")

 

Podedes consultar e descargar os seguintes documentos:

 

 

 

 

 

Saír