Uso de Internet e Redes Sociais (charla para familias)

O próximo luns, 11 de xaneiro de 2016, de 16:00 a 17:00h, no salón de actos do noso centro, un experto da Garda Civil dará unha charla informativa para familias sobre o uso responsable e perigos de internet e as redes sociais (facebook, whatsaap, instagram...).

Hoxe en día, os/as nosos/as fillos/as pasan moitas horas diante do ordenador e con teléfono móbil. O uso de internet non é algo malo, mais é preciso que as familias coñezan e acompañen para facer un bo uso destas ferramentas.

É importante a asistencia das familias, dentro das súas posibilidades, pois esta charla supón un complemento perfecto para a que recibirán os/as rapaces/as o mesmo día 11 pola mañá.

Esta charla forma parte do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.

 

Para seguir traballando os expertos recomendaron visitar:

https://www.incibe.es/extfrontinteco/img/File/intecocert/Proteccion/menores/guiapadresymadres.pdf

e

 www.osi.es

Moitas grazas, Roberto!

Saír