8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe celebramos o día internacional da muller, dende o IES Cosme López Rodríguez queremos recordarvos o noso decálogo pola igualdade. DECÁLOGO 1. Empreguemos unha linguaxe libre de connotacións sexistas 2. Integremos a perspectiva de xénero nas nosas actividades 3. Difundamos unha imaxe non sexista das mozas e profesoras do IES 4. Traballemos a prevención da violencia machista e os valores de igualdade e respecto 5. Colaboremos entre todas e todos nas tarefas da casa 6. Identifiquemos e emendemos as deficiencias que atopemos na violencia cara as mulleres 7. Respectemos a igualdade de oportunidades 8. Promovamos unha representación equilibrada de mozas e mozos nos órganos de representación que temos no IES 9. Rexeitemos as actividades nas que se promova unha imaxe sexista da muller 10. Prestemos especial atención cando se produza unha situación de violencia no IES. Que teñades un bonito día e felicidades a todas as mulleres.

Saír