CALIDADE eTWINNING

Selo de Calidade eTwinning para o IES Cosme López Rodríguez

O alumnado de 2º curso de FP Básica de Informática de Oficina da promoción da pandemia 2019-2020, ven de recibir o Selo de Calidade eTwinning pola súa participación no proxecto Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo.
O Selo de Calidade eTwinning supón un recoñecemento ao traballo realizado no módulo de Operacións Auxiliares para a Configuración e a Explotación ao longo de todo o curso académico 2019-2020 de maneira colaborativa entre as escolas participantes de España, Portugal e Italia.

[ pechar ]