Excelencia académica no IES Cosme López Rodríguez

O alumnado do IES Cosme López brilla na ABAU

Brian Izquierdo Fernández e Inés Martínez Sempere, alumnos de 2º de Bacharelato do IES Cosme López Rodríguez, acadaron a excelencia académica despois de obter só na parte xeral das probas de ABAU, un 9,486 e un 9,182, respectivamente. Outros catro alumnos do centro, Marta Sanz Álvarez, con un 8,924; Sara Bembibre Blanco, con un 8,788; Antonio Alexandre Vila López, con un 8,7, e Roberto García Domínguez, con un 8,546, estiveron tamén moi próximos a ser recoñecidos con dita excelencia, ao superar todos eles os 8,5 puntos. A estas cualificacións deberán sumar as correspondentes á parte voluntaria.
 
O IES Cosme López Rodríguez está un ano máis de noraboa, pois os resultados obtidos polo seu alumnado nas probas de ABAU foron, en xeral, moi brillantes, demostrando de novo a calidade educativa deste centro público. 

Clica aquí para ver a Orla do grupo

[ pechar ]