PARABÉNS NOA !!

2º Premio no X Concurso Europeo de Marcapáxinas

A alumna do 2º curso de FP Básica de Informática de Oficina, Noa Rey Fernández ven de acadar o 2º premio no X Concurso Europeo de Marcapáxinas, enmarcado no proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo.
O proxecto eTwinning Letras Galegas organízase dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela e nel participaron diferentes escolas europeas de España, Portugal e Italia.
Entre outras actividades colaborativas entre os diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura galegas prestando unha homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero, autor conmemorado nas Letras Galegas 2020.
Parabéns Noa!!

[ pechar ]