COVID-19

Instrucións para a 3ª Avaliación

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19.
Dita norma, que ten carácter básico, modifica o marco normativo que rexe o desenvolvemento do curso 2019/2020 e flexibiliza os criterios para promoción e titulación nas diferentes etapas educativas, quedando sen efecto o criterio do número de materias non superadas.
Procede, polo tanto, ditar as instrucións para a aplicación de dita norma básica por parte dos centros educativos, no terceiro trimestre do curso 2019/2020, en aspectos como a programación e o desenvolvemento das actividades de ensinanza-aprendizaxe, a avaliación, a promoción e a titulación do alumnado galego dos distintos cursos e niveis, tendo en conta tamén as necesidades do conxunto da comunidade educativa, desde os docentes, ata o alumnado e as súas familias.
De acordo co anterior, dítanse as seguintesz intrucións:
Link a Instrucións do 27 de abril de 2020

[ pechar ]