COVID-19

Nova aplicación para o alumnado

O alumnoda dispón xa dunha nova aplicación para subir traballos ou actividades ao servidor do centro. Arquivos (preferible en pdf) que posteriormente serán recollidos polo profesorado correspondente.
As aplicación é moi sinxela polo que apenas necesita explicaión para a súa posta en marcha.
O/a alumno/a, desde o link (menú esquerdo da páxina xusto debaixo de "actividades covid-19" // nova aplicación) que leva por título "entrega aquí o teu traballo" accede a unha páxina na que deberá identificarse con nome de usuario e contrasinal. Na mesma páxina explica como se constrúe o seu nome de ususario e o contrasinal. Seguidamente accederá a un formulario que terá que cumplimentar:
1- nome do/a profesor/a ao que vai dirixido o traballo,
2- departamento,
3- un espazo para que comente ou faga as observacións oportunas,
4- un botón para escoller o traballo a subir (en formato pdf, exepecionalmente e con consentimento do/a profeosr/a poderá ser un doc, docx, odt, folla de cálculo ou unha imaxe, pero sempre excepionalmente. O formato por defecto será sempre pdf).
Todos os campos do formulario son de obrigada cumprimentadión excepto a área de texto de observacións que pode quedar en branco.
Se todo vai corretamente, unha vez enviado o traballo, actividade, cuestionario... clicando en enviar loxicamente, a aplicación o levará a unha páxina na que poderá ver unha táboa co/s traballo/s enviado/s polo alumno en cuestión. Aparecerá tamén a data e a hora de envío que a aplicación xerará automátidamente.
É importante lembrar tamén que os traballos permanecerán no servidor só durnte cinco días; tempo suficiente para que o/a profesor/a o baixe ao seu ordenador para a súa correción, valoración... etc.
Para calquera dúbida, xa sabedes onde poñervos en contacto. (a bos entendedores...)

[ pechar ]