COVID-19

AXUDAS EXTRAORDINARIAS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas nais e pais do alumnado do IES Cosme López Rodríguez,
o luns (30 de marzo) publícase no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

  1. A qué persoas vai dirixido?
  2. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

    (E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1 euro polo mesmo)

  3. En qué consiste a axuda?
  4. As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custodiario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo, como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

  5. Qué días cubre esta axuda?
  6. Marzo: día 16, día 23 e día 30: en total só 3 días lectivos.
    Prórroga: se se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo).

  7. Cómo se vai a pagar?
  8. En dous pagamentos.

  9. Quen son os beneficiarios?
  10. Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación. É dicir, alumnado con gratuidade total e alumnado que pague 1 euro. O resto do alumnado non é beneficiario da axuda.

  11. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

    • Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
    • Presentación:
    • Forma electrónica sempre, de dúas formas:

      1. As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
        https://sede.xunta.gal. Para iso é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

      2. A través da dirección do centro:

        O equipo directivo colaborará na formalización das solicitudes naqueles casos nos que as familias acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos.
        Neste suposto, as nais ou pais do alumnado beneficiario deberán enviar un correo elecrónico á dirección ies.cosme.lopez@edu.xunta.gal ou ben chamar por teléfono aos números: 988 310 833 ou 988 311 725, facilitando os seguintes datos:

        • DNI do pai ou nai:
        • Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
        • Nome do alumno/a/s
        • Nome do pai/nai:
        • Número de conta bancaria:

  12. Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
  13. NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 dexuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
    Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

  14. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
  15. 10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

  16. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
  17. 5 días dende que salga a resolución.

    Moito ánimo, coidarse moito e respectar as medidas de confinamento decretadas polo Goberno.


    Unha aperta
    A directora
Mª Rosario Alonso Casas Mª Rosario Alonso Casas

[ pechar ]