COVID-19

Información para a Comunidade Educativa

Diante da actual situación e crise de saúde pública, logo do peche das aulas decretado polo Goberno da Xunta e a Consellería de Educación e, co fin de garantir a titorización e atención ao alumnado e o seu proceso de aprendizaxe fóra do ámbito escolar, este espazo quedará reservado para dar información de todas aquelas novas que, con carácter xeral e no ámbito estrictamente académico se vaian producindo ao longo destes días.
Recordar que, de momento, as canles xa existentes para comunicar con titores/as, equipo directivo, orientación, profesorado en xeral,están totalmente operativas a través desta páxina web.
Por último, dicir que o profesorado está a elaborar os materiais didácticos (tarefas, apuntes...) que xa, desde o primeiro día (lúns, 16) porá a disposición do alumnado e as familias polos medios máis idóneos posibles.

[ pechar ]