COVID-19

Información para a Comunidade Educativa)

Diante da actual situación e crise de saúde pública, logo do peche das aulas decretado polo Goberno da Xunta e a Consellería de Educación e, co fin de garantir a titorización e atención ao alumnado e o seu proceso de aprendizaxe fóra do ámbito escolar, este espazo quedará reservado para dar información de todas aquelas novas que, con carácter xeral e no ámbito estrictamente académico se vaian producindo ao longo destes días.
Recordar que, de momento, as canles de comunicación xa existentes para comunicar cos titores, equipo directivo, orientación, profesorado en xeral, están totalmente operativas a través desta páxina web.
Por último, dicir que o profesorado está a elaborar os materiais didácticos (tarefas, apuntes...) que xa, desde o primeiro día (lúns, 16) porá a disposición do alumnado e as familias polos medios máis idóneos posibles.

[ pechar ]