STOP VIOLENCIA
25 DE NOVEMBRO. Día Mundial Contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro, celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Querendo apoiar a todas as vítimas deste abuso físico, psicolóxico, social e económico; que pode ocorrer en calquera campo e circunstancia da nosa vida, o IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ condenou este tipo de actitudes que vulneran os dereitos de calquera persoa e impiden o progreso cara á igualdade e a convivencia, coas seguintes mostras de apoio:
- Colocación dun lazo no primeiro andar có título “Stop Violencia”, cun número de mans negras pegadas nel que son as vítimas da violencia en España no 2019, ata o de agora 51. E en cor aquelas mostras que o alumnado do Centro considerou significativas sinalar, desexos, lemas, palabras en contra da violencia de xénero…
- Colocación de carteis de grandes pensadores que ao longo da historia reflexaron coas súas palabras ó maltrato ás mulleres.
- Cómic na entrada que reflexa as diferentes formas de violencia contra a muller
- No recreo:
- O alumnado de 4º ESO elaborou diversos textos en repulsa da violencia de xénero e apoio ás vítimas.
- Unha alumna de 4º de ESO interpretou “el canto de los pájaros” de Pau Casal en versión violín.
- Gardamos un minuto de silencio en apoio ás vítimas da violencia.
- O alumnado de 1º da ESO tivo un obradoiro organizado polo Concello sobre “Fomento de relacións igualitarias e de bo trato”
- O alumnado de 3º da ESO baixou ao Concello a colocar nunha árbore elaborada pola Cruz Vermella, tarxetas de desexos para que desapareza a violencia contra as mulleres.
Todos e todas debemos plantar cara a violencia machista que empobrece a nosa sociedade. O abuso é un problema social que se loita con CERO TOLERANCIA contra calquera comportamento machista.
[ pechar ]