ESCOLA DE FAMILIAS

Charla sobre os Riscos de Internet (xoves 21 de novembro de 16:00 á 17:00h)

Estimadas familias, benvidas ao novo curso, retomamos as charlas de ESCOLA DE FAMILIAS que xa vos anunciamos ao inicio do curso, imos a comezar cun tema que vos preocupa, NOVAS TECNOLOXÍAS (Riscos de Internet) o vindeiro xoves 21 de novembro, de 4:00 a 5:00 no salón de actos do Centro.
Esta charla é complementaria á que recibirá o alumnado pola mañá e forma parte do Plan Director.
As novas tecnoloxías afectan á sociedade actual, especialmente aos mozos/as, ademais de brindarnos moitos beneficios. Nos últimos anos comezamos a atopar mozos/as que viven obsesionados con Internet, móbiles, videoconsolas, redes sociais, etc. Séntense incapaces de separarse deles, non son capaces de controlar o seu uso, poñendo en perigo as súas responsabilidades e as súas relacións sociais. Dende o Plan Director esperamos ofrecer unha visión da situación actual e como podemos axudar aos nosos fillos/as a xestionar o seu uso.
Esperamos que vos sexa de utilidade e agradecemos moito a vosa asistencia.
Por suposto, poderedes plantexar todas as vosas dúbidas aos poñentes.

[ pechar ]