20 de xuño ás 20:00

No Cine Avenida, PRESENTACIÓN do documental "Na procura do noso pasado romano"

O xoves, 20 de xuño, ás 20:00 terá lugar no Centro cultural Avenida da Rúa, a estrea do documental Na procura do noso pasado romano, realizado por alumado de 2º de bacharelato de dous institutos de ensino secundario da nosa comarca de Valdeorras.
Trátase dun proxecto levado a cabo polo alumnado de Cultura audiovisual e escénica do Cosme López Rodríguez da Rúa e o de Latín II do Lauro Olmo do Barco, e coordinado polos Departamentos de latín de ambos institutos.
O documental, duns 45 minutos de duración, recolle as saídas didácticas, entrevistas, charlas, e demais actividades, desenvolvidas ao longo do curso e que formaron parte da documentación para a súa elaboración, polo que presenta un formato dinámico e interesante para o público en xeral.
Clica na foto ou aquí mesmo para ver o trailer.

[ pechar ]