Parabéns Zaida!!

IX Concurso Europeo de Marcapáxinas

A alumna do 2º curso de FP Básica de Informática de Oficina, Zaida Soria Puente ven de acadar o 3º premio no IX Concurso Europeo de Marcapáxinas, enmarcado no proxecto eTwinning Letras Galegas 2019 impulsado polo profesorado do Ciclo Formativo.
O proxecto eTwinning Letras Galegas organízase dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela e nel participaron diferentes escolas europeas de España, Portugal e Italia.
Entre outras actividades colaborativas entre os diferentes centros europeos, preténdese difundir a lingua e literatura galegas prestando unha homenaxe á figura de Antonio Fraguas Fraguas, autor conmemorada nas Letras Galegas 2019.
Parabéns Zaida!!

[ pechar ]