DE VIAXE EN MADRID

Saída cultural a Madrid do alumnado de 4º de ESO

O alumnado de 4º de ESO participan nestes días na saída cultural a Madrid que, como todos os anos, organiza o IES Cosme López Rodríguez. O grupo, integrado por 18 alumnos e os profesores Pilar Enríquez e Víctor Porto, visitou as instalacións do estadio Santiago Bernabeu e asistiu á representación do musical Billy Elliot, no teatro Alcalá. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a historia, as lendas e a cultura da localidade de Alcalá de Henares, a través da visita guiada Cervantalia, unha actividade que inclúe a visita ó corral de comedias, á praza de Cervantes e á universidade, entre outros lugares destacados.
O grupo pasará un día no parque de atraccións e coñecerá o Museo do Prado a través dunha actividade educativa, ademáis de percorrer as rúas e lugares máis importantes do centro da capital: Parque do Retiro, Cibeles, Carrera de San Jerónimo, Congreso dos Diputados, Porta do Sol, rúa Mayor, Plaza Mayor, Ayuntamiento, Plaza de España, Templo de Debod, Palacio de Oriente, Teatro Real, Catedral da Almudena, Jardines del Campo del Moro…
ver foto
Ver pase fotográfico

[ pechar ]