VIAXE CULTURAL

Os alumnos 3º ESO realizaron unha saída cultural a Guimarães (Portugal)

Os alumnos 3º ESO do IES Cosme López da Rúa realizaron unha saída cultural a Guimarães (Portugal) organizada polo departamento de Relixión. O itinerario incluía visitas á Casa de Memória e a unha Oficina Criativa (Obradoiro) de Olería.
Ademais percorreron, cunha visita guiada, o casco histórico de Guimarães, e descubriron “Como viviam os Duques no século XV” no Paço dos Duques de Bragança ademais de achegarse ata a Capela de San Miguel do Castelo e ao Castelo de Guimarães.

[ pechar ]