Saída didáctica a Lugo

Actividades organizadas polos Departamentos de L. Galega e Xeografía e Historia

O alumnado de 1º de ESO do IES Cosme López Rodríguez participou o día 11 de abril en varias actividades didácticas organizadas polos Departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia e que se desenvolveron en Lugo. A primeira foi no Museo Provincial, e consistía en coñecer o museo dunha maneira moi interesante a través do denominado “Roteiro literario polo museo” deseñado polo Departamento de Didáctica do MPLugo, sobre o museo e sobre o libro Contos de fantasmas no museo. A segunda foi na igrexa románica de Vilar de Donas en Palas de Rei, onde se puido apreciar tanto o edificio como o interior da igrexa, na que destacan as pinturas murais, grazas a don Jesús, señor que moi amablemente nos guiou pola súa historia. E, por último, visitouse o castelo de Pambre, unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña.

[ pechar ]