CATRO DÍAS EN LISBOA

Alumnos/as de 1º de Bacharelato disfrutan dunha excursión a Lisboa

Un grupo de 18 alumnos de 1º de Bacharelato está a realizar ata o sábado unha viaxe cultural a Lisboa. Durante a actividade, iniciada o pasado mércores, visitaron o Parque das Naçoes e o Oceanario, e ademáis fixeron un percorrido pola costa de Lisboa, ata Sintra, onde coñeceron o Palacio de Pena e o Palacio Nacional.
No itinerario figura tamén facer unha visita panorámica da cidade, antes de visitar o Mosteiro dos Jerónimos a Torre de Belén, a Catedral e o Castelo de San Jorge, así como pasear polos seus lugares máis emblemáticos: o Mirador de Santa Lucía, a praza do Rossio, o barrio de Chiado, a cafetería de Pessoa ou a praza do Comercio, entre outros. Xa de volta, pararán en Coimbra para disfrutar da cidade e visitar a súa Universidade.
O grupo conta para esta actividade extraescolar con tres profesores, Víctor Porto, Lucas Fernández e María Núñez, e con unha guía que o acompaña para coñecer os lugares máis representativos de Lisboa e da súa costa.
Máis fotos

[ pechar ]