Encontros literarios con Jaureguizar

Jaureguizar falou da súa obra co alumnado do Centro

Hoxe, 26 de marzo de 2019, o alumnado do IES Cosme López tivo a honra de contar no centro coa presenza do escritor Santiago Jaureguízar, coñecido como Jaureguizar, para falar das súas obras.
Jaureguizar naceu en Bilbao en 1965. De 1968 a 1983 viviu en Ribadeo e na actualidade en Lugo onde traballa no xornal El Progreso.
É autor de obras como Fridom Spik, Comendo espaguetis diante da televisión, As horas sucias, Breve crónica universal da clase obreira (Premio Lueiro Rey 2001), Casa Skylab (Premio Xerais 2003), entre unha ampla nómina de títulos.
Actualmente é un dos autores máis premiados pola súa literatura, que se espalla arredor de case todos os xéneros. Ademais, foi pioneiro da literatura galega na rede, realizou guións para curtametraxes e pertence ao movemento musical Bravú, xurdido a principios dos 90 en Galicia.
Nestes encontros literarios participaron por unha banda, o alumnado de 1º e 2º ESO para falar da obra A Cova das Vacas Mortas (Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2006) e por outra, o alumnado de 3º ESO para conversar arredor de Placebo.
O encontro literario complementouse coa visita de Jaureguizar á biblioteca do IES Cosme López onde asinou varios exemplares das obras lidas polo alumnado.

[ pechar ]