XI ENCONTRO DE POETAS

Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, así como o profesor de bioloxía Sechu Cerezuela participaron este curso no XI Encontro de Poetas que organiza a escritora Rosa García Machado, coa colaboración do concello da Rúa e da adega Melillas, e que este ano tivo lugar o sábado, 16 de marzo, na adega Melillas. O tema dos poemas é a migración e o lema “Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”. Os alumnos que recitaron o día do encontro foron Martín e Víctor de 4º de ESO e Luis, Roberto P. e Joaquín de 1º de bacharelato. Os nosos parabéns para todos eles e, como non, para Sechu. A velada, o lugar escollido e a contorna foron moi agradables.
Clica aquí para ver os poemas
e aquí para ver as fotos da xornada

[ pechar ]