ENTROIDO 2019

O Instituto co seu Entroido 2019

O IES Cosme López (A Rúa) atópase situado no oriente ourensán, zona neurálxica de varias mostras do Entroido galego, onde se combinan a tradición, a arte e a gastronomía.
Para celebrar esta festividade o alumnado do centro participou en varias actividades coas que lle renderon homenaxe a un costume de tanta relevancia no leste da provincia de Ourense e coñecido en varios puntos como “Entrudio”.
Así, participaron no concurso de sobremesas de Entroido, o concurso de comparsas, que crearon en representación de cada un dos cursos académicos do centro e a actuación do Folión do IES Cosme López.
Ademais, o alumnado forma parte de folións representativos da zona, como poden ser o de Petín ou o de Buxán (O Bolo), que percorren diferentes puntos da contorna nos principais días do Entroido e que enchen de ritmo e de orixinalidade esta festa popular.

Imaxes do Entroido 2019
Carrusel fotográfico

[ pechar ]