Día dos Namorados 2019

Namorados da Lingua

Continuando co ciclo anual, hoxe toca celebrar o Día dos Namorados. A literatura galega tratou abondo a temática do amor e así podemos atopar mostras de diversa tipoloxía de variados autores que lle renderon homenaxe a esta manifestación ou estado de afecto intenso.
Desde Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ... ata autores/as máis recentes como Lois Pereiro ou Olga Novo, entre unha ampla nómina.
O alumnado do IES Cosme López (A Rúa) contribuíu a encher de amor este día e que mellor xeito de facelo que a través da poesía e a lingua! Deste xeito, no 2º ciclo ESO elaboraron uns haikus (composicións moi breves de inspiración xaponesa en 3 versos e 17 sílabas sen rima) baseadas no sentimento do amor. O alumnado de FP Básica encargouse de preparar presentacións cunha selección de poesía de autores/as da literatura galega que cantaron nos seus poemas a este sentimento.
Velaí unha mostra do traballo de todos/as neste día de tanto afecto.

[ pechar ]