DÍA DA PAZ

Xornada no IES do Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia

Un ano máis toda a comunidade educativa do noso IES celebra o Día Escolar pola Paz e a Non-violencia, para recordar a importancia de defender unha educación permanente na e para a concordia, o diálogo, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.
E para festexalo preparamos as seguintes actividades que visualizamos o día 30 de xaneiro no salón de actos e no patio do instituto: recitado de poemas sobre a paz e a non violencia en galego, portugués, castelán, francés e inglés; interpretación de diferentes temas musicais; mensaxes acordes co día; decoración correspondente e solta de globos brancos con mensaxes.

[ pechar ]